Lorenzo exhibirá de novo os seus óleos en Lousame

Exposición
María Cano
Villaverde e Lorenzo na primeira mostra do artista. Foto: C.

Lousame. A sala municipal de exposicións de Lousame acollerá este xoves 22 de setembro, ás 19.30 horas, a inauguración de Sempre con Lousame, unha mostra de pintura de Juan Carlos Lorenzo Jamardo, veciño da parroquia de Tállara. Unha exposición de trinta óleos que poderá visitarse na casa da cultura lousamiá ata o vindeiro 30 de outubro.

Esta será a segunda exposición de Juan Carlos Lorenzo en Lousame, despois do seu exitoso debut en febreiro de 2019 cunha mostra sen nome pero dunha temática moi semellante á da actual mostra.

“Gústame pintar o que vexo e me inspire. Vou por calquera currunchiño, sácolle unha foto e lévoa para facelo tranquiliño na casa”, sinalou Lorenzo. m. cano