Lousame envía medallas ós nenos que participaron no certame de xadrez

Premios
María Cano
Nicolás Outeiral, o neno que ocupa a primeira posición do ránking local. Foto: C. L.

Lousame. O departamento de Deportes do Concello de Lousame enviou aos domicilios dos nenos lousamiáns que xogaron a terceira edición do Torneo de Nadal de Xadrez as medallas e trofeos que recoñecen a súa participación no certame. Así o dicidiu o equipo de goberno tendo en conta as restricións e medidas de seguridade establecidas para frear a curva de contaxio da COVID, e para tratar de evitar calquera tipo de contacto.

Cómpre lembrar que a competición desenvolveuse nunha única fase, o pasado 26 de decembro, e tivo lugar a través das plataformas dixitais. No torneo participaron máis dunha trintena de nenos e nenas das escolas dos concellos do Barbanza e da área de Compostela.

Así, recoñécese a nivel local a clasificación dos 6 nenos que asistiron: Nicolás Outeiral Suárez, Daniel Boo Miguéns, Pedro Fernández Rey, Marcos Regueira Miguéns, Xoel Ferreirós Rodríguez e Manuel Fernández. m. c.