Lousame homenaxea a un cento de voluntarios

Voluntariado
María Cano
Villaverde, 6ª pola esquerda, xunto a algúns dos voluntarios que foron homenaxeados no acto. Foto: Concello de Lousame

LOUSAME. A casa da cultura de Lousame acolleu fai uns días unha homenaxe do Concello aos seus voluntarios, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do Voluntariado. Un acto presidido pola alcaldesa, Teresa Villaverde, e no que tomaron parte case un cento persoas do municipio. Durante o acto proxectáronse varios vídeos sobre a actividade que desenvolven e procedeuse á entrega dos certificados aos participantes nos programas de voluntariado. A maiores, o Concello lousamián entregoulles a cada un unha cazadora. m. c.