Lousame lanza unha campaña de recollida de alimentos para Cáritas

Cáritas
Marta Torres
As persoas que desexen colaborar poden entregar alimentos na casa consistorial ata o día 24.

LOUSAME. O Concello de Lousame vén de poñer en marcha unha recollida solidaria de alimentos para entregar a Cáritas. As persoas e entidades interesadas en colaborar nesta campaña municipal poden depositar as súas doazóns na casa consistorial de Lousame ata o próximo venres 24 de decembro. Segundo informaron dende o executivo local, que lidera a popular Teresa Villaverde Pais, toda a comida recollida será repartida entre as familias máis necesitadas do municipio. Esta campaña busca recoller alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... sempre que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente empaquetados e etiquetados. A maiores, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, tamén se solicitan produtos típicos de Nadal. m. t.