Lousame leva á Xunta os continuos cortes de luz

Suministros energéticos
M.C.
Concello de Lousame.

Lousame. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, vén de enviarlle un escrito a Xefatura Territorial de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de A Coruña na que pon no seu coñecemento a situación “totalmente anacrónica do subministro eléctrico en Lousame, o que causa graves prexuízos á veciñanza e á administración municipal”.

A rexedora sinala que “dende hai varios meses hai cortes intermitentes de subministro eléctrico que causan danos nos electrodomésticos e impiden que a xente poida teletraballar ou estudar dende as súas vivendas. O xoves mesmo houbo dous apagóns que duraron bastante tempo nalgunhas aldeas”, indicou.

Acompañou o escrito dun documento presentado polos veciños, con sinaturas para protestar polos últimos incidentes rexistrados. m. c.