Lousame oferta vinte prazas no Concilia para as festas do Nadal

conciliación
Marta Torres
Este servizo de canguraxe está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Foto: Concello

Lousame. O Concello lousamiá abre a vindeira semana o prazo de inscrición no Lousame Concilia, programa de conciliación familiar que se

convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal (22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro; e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro), Entroido (do 28 de febreiro ao 2 de marzo) e Semana Santa (11, 12, 13 e 18 de abril).

Ofrécense 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame entre o 9 e o 13 de decembro.

Este servizo de canguraxe está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. m. t.