Lousame pon freo á adicción ao xogo nos mozos cunha xornada preventiva

Educación
María Cano
Imaxe do CPI Cernadas de Castro de Lousame.

LOUSAME. Un total de 40 estudantes de terceiro e cuarto curso da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame participaron nunha xornada do programa preventivo sobre a adicción ao xogo entre adolescentes. Segundo os expertos, a adicción ao xogo e a outras conductas vinculadas ao uso das redes sociais e das novas tecnoloxías da información están aumentando entre a mocidade a idades cada vez máis temperás. O proxecto desenvolto nas aulas do centro lousamiá enmarcase no Plan de Acción Social de Servizos Sociais e foi impulsado pola Deputación Provincial da Coruña, que colabora con entidades de iniciativa social que traballan neste eido. Segundo indicaron dende o Concello, a entidade Agalure encargouse dos traballos de xestión, coordinación, difusión e avaliación deste

programa preventivo. m. c.