Lousame prepárase para a loita contra os incendios cun novo punto de auga

Medio Rural
Marta Torres
Supervisaron un novo punto de auga construído recentemente en Lousame. Foto: Xunta

LOUSAME. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e da alcaldesa do concello de Lousame, Teresa Villaverde, desprazouse onte ata este municipio coruñés para supervisar un novo punto de auga construído recentemente pola Xunta para a loita contra os incendios forestais, que conta cunha capacidade de 192.000 litros que servirá para a carga de auga de helicópteros e motobombas. Alí, destacou que precisamente este ano se están a construír outros 222 novos depósitos en toda Galicia por un importe de máis de 2,2 millóns de euros. No Distrito Forestal IV Barbanza existen a día de hoxe un total de 287 puntos de auga, dos cales 32 son en Lousame, e 2.032 en toda a provincia. Estas infraestruturas son “fundamentais” para afrontar os lumes, afirmou González. m.t.