Lousame prolongará a senda peonil
e a rede de sumidoiros de Marracín

Obras
María Cano
As obras deron comezo estes días coa instalación dos 195 metros de tubaxe. Foto: C. L.

Lousame. O Concello de Lousame está a investir un total de 18.367 euros na prolongación da senda peonil e a rede de sumidoiros no lugar de Marracín. Unhas obras adxudicadas á empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL e que están financiadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

A alcaldesa lousamiá, Teresa Villaverde, explicou que “o obxectivo destes traballos é solucionar os problemas de estancamento de augas de escorrenta que se produce nesta zona a través da creación dunha rede de sumidoiros que conduza as augas pluviais cara o regato existente. A maiores, aproveitamos tamén para ampliar a senda peonil existente en Marracín”. Concretamente, procederase a repoñer o firme da senda e ampliarase a mesma en 60 metros.

Segundo avanzaron dende o Concello, as obras, que deron comezo estes días, estarán rematadas na primeira quincena de outubro. m. c.