Lousame retomou a festa de Nadal no centro de día

Celebracións
María Cano
A banda de música local interpretou diversas panxoliñas propias destas datas. Foto: C. L.

Lousame. Máis de oitenta persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron na tarde do pasado venres na recuperación da Festa de Nadal no centro de día de Lousame, despois dun par de edicións sen celebrarse por mor das restricións, seguindo todas as medidas sanitarias recomendadas. A xornada comezou coa actuación da Banda de Música de Lousame, cuxos membros interpretaron diversas panxoliñas, e tomou o relevo o grupo de gaitas O son do Pote, habituais destas celebracións. Así mesmo, os asistentes deron boa conta dos produtos típicos destas datas de Nadal dispostos no centro de día. m. cano