Máis de 2,7 millóns para a ampliación da Fieiteira

Infraestruturas
M.C.
O proxecto busca dotar Ribeira dun complexo deportivo máis amplo e moderno. Foto: Xunta

RIBEIRA. O Consello da Xunta deu luz verde á segunda adenda do convenio de colaboración entre o Goberno galego e o Concello de Ribeira para as obras de ampliación e mellora do complexo deportivo da Fieiteira, que terá un investimento definitivo de máis de 2,7 millóns de euros nas anualidades de 2023 e 2024. A Secretaría Xeral para o Deporte achegará o 55 % do importe total cunha aportación de 1,5 M€, mentres o concello ribeirense contribuirá co 45 % restante (1,24 millóns). Un dos puntos destacados desta actuación será a construción dun módulo de atletismo cuberto homologado para as probas de velocidade, saltos e lanzamentos, que terá un espazo de actuación duns 1.900 m2. Ademais, a placa interior da obra albergará na súa parte inferior o almacén, dous vestiarios e ximnasio e na súa parte superior, nun espazo duns 300 m2, un módulo de taekwondo con tres tatamis, que será a base do centro de tecnificación desta disciplina. m. c.