Manifestación en Noia para reclamar un futuro para a planta de Servia

Mobilizacións
ECG
Manifestación na vila noiesa a favor da continuidade da planta de Servia. Foto: CCOO-Hábitat

NOIA. Centos de persoas secundaron, segundo indicaron os organizadores, a manifestación convocada o pasado domingo en Noia polo comité de empresa ante a falta de compromiso da Mancomunidade na defensa do modelo de xestión da planta de Servia (Lousame), esixindo que os concellos se impliquen na procura dunha solución. Baixo o lema En defensa da planta de Lousame. En defensa dos postos de traballo, os traballadores da mesma tomaron as rúas da localidade de Noia para reclamar alternativas aos problemas que ameazan o seu futuro, “en boa medida pola nefasta xestión por parte dos concellos que integran a Mancomunidade”, apuntaron dende o comité, sinalando que “o último capítulo é a pretensión da Mancomunidade de prorrogar o contrato con FCC sen introducir melloras”, pero si acometendo recortes. ECG