Medio ambiente e marisqueo centran as xornadas que organiza Plademar

Xornadas
M.C.
Charla organizada pola plataforma Plademar Ría de Muros-Noia. Foto: P.

NOIA. Plademar organiza a segunda edición das xornadas sobre marisqueo e medio ambiente. As conferencias comezarán este venres, a partir das 17.30 horas, no segundo andar do edificio do antigo casino de Noia. Nesta primeira cita contarán coa presenza de Belén Rubio, catedrática de estratigrafía do centro de investigación mariña da Universidade de Vigo. A experta abordará os resultados do estudo “que fixeron sobre os sedimentos da ría de Muros-Noia, o primeiro que se fixo, e que publicaron nas revistas científicas máis prestixiosas”, explican dende Plademar. Acceso ao artigo a través do seguinte enlace. Outro dos ponentes desta xornada será Joám Evans, da Fundación Montescola, que disertará sobre a mina de San Finx (Lousame). m. c.