Medio milleiro de maiores desfrutaron do xantar de confraternidade en Boiro

Festa dos Maiores
M.C.
Representantes do Concello, da Xunta e da Deputación no xantar en Boiro. Foto: C. Boiro

Boiro. O Concello de Boiro celebrou este venres unha nova edición do Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, do que puideron desfrutar medio milleiro de persoas. A cita contou coa presenza do alcalde, José Ramón Romero; o director xeral de Inclusión da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a deputada de Benestar Social, Ana Lamas; o concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus, e outros membros da Corporación. Durante a súa intervención, José Ramón Romero eloxiou ás persoas maiores polo seu traballo e o seu esforzo, sobre todo nos últimos anos, e recoñeceu un labor pendente que as distintas administracións teñen con Boiro: “A residencia pública da terceira idade é unha necesidade que non se pode demorar máis”, afirmou o mandatario local. m. c.