Melloran con refuxios a espera dos usuarios de transporte para Muros

Infraestruturas
M.C.
Trenor, 1º esquerda, e Monteagudo, terceira, na entrega das marquesiñas muradás. Foto: X. G.

muros. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, supervisou este mércores a chegada de tres novas marquesiñas entregadas pola Xunta ao Concello. O obxectivo é dotar de instalacións axeitadas ás paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros que ofrezan aos usuarios unha protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade durante a espera. As marquesiñas contan cun deseño integrado na paisaxe, adaptadas á contorna rural, e co emprego de materiais autóctonos, como a madeira. Esta iniciativa da Xunta inclúese dentro dun contrato licitado o ano pasado por importe de

1,2 millóns para a renovación de 200 marquesiñas, que se suma a unha primeira fase levada a cabo no ano 2018 mediante a que se instalaron 152 refuxios. m. c.