Melloran servizos en Fonte do Mouro

Obras
Marta Torres
Luis Ruiz e Romero supervisaron onte os traballos que se están acometendo. Foto: C. de Boiro

Boiro. O Concello de Boiro executa obras de renovación de pavimentos e redes de servizo en Fonte do Mouro. Esta actuación, que se leva a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servicios da Deputación da Coruña, ascende a 82.000 euros. O alcalde boirense, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo, Luis Ruiz, visitaron o lugar onde se acometen os traballos.

A finalidade desta intervención é a mellora do firme nun tramo de rúa que na actualidade presentaba deficiencias. Estase a levar a cabo unha rehabilitación superficial para conservar as características funcionais de seguridade, así como a protección do firme e a instalación dunha rede de pluviais. m. t.