Melloras na estrada que une Vilacoba e Vilar de Reconco

Obras
Marta Torres
Estrada de Vilacoba a Vilar de Reconco. Foto: C. L.

Lousame. O Concello de Lousame vén de investir 49.000 € na mellora de dous tramos da estrada de Vilacoba a Vilar de Reconco. Unhas obras executadas pola empresa Farido S.L. e que están financiadas con cargo ao Plan Único de Concellos POS+2020.

Os traballos consistiron na mellora da capa de rodaxe dun quilómetro da estrada con 6 centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. A actuación comezou na intersección da vía Vilacoba-Vilar de Reconco coa AC-308 Noia-Padrón, onde se aglomeraron os primeiros 850 metros, e un abanico de 15 por 5 para mellorar a seguridade. m. t.