Mostra da AECC na vila sonense

Exposición
M.C.
Casa da cultura de Porto do Son.

Porto do Son. A casa da cultura de Porto do Son acolle este venres, ás 19.00 horas, a inauguración da exposición da AECC 50 anos cambiando a historia do cancro. Tamén haberá unha charla a cargo de María de la Fuente Freire, directora da unidade de nano oncoloxía do Oncomet. Lembrar que este domingo, día 15 ,a xunta local da AECC sonense organiza unha andaina solidaria. m. c.