Muros celebra o 17 de Maio con dúas sesións teatrais

Cultura
María Cano
Odaiko representará ‘Mar Adiante’. Foto: Cultura.gal

MUros. O Concello muradá, co fin de conmemorar o Día das Letras Galegas, programou dous espectáculos. Así, o vindeiro lunes, ás 18.00 horas, Odaiko representará Mar Adiante na praza do mercado de Muros. Nesta función a acción sitúase nun barco, o Arroás, e nun tempo distante, para sacar ao espectador da vida cotiá e facelo voar coa imaxinación nunha navegación por alta mar. Xa o día 22 (21.00 horas) Sarabela recalará no auditorio do centro cultural con A lingua das bolboretas. O primeiro espectáculo é de balde, mentres que o segundo ten un custo de 3,50 euros. En ambos casos é necesario reservar entrada previamente chamando ao teléfono 981 762 294. m.c.