Muros promove unha enquisa sobre igualdade entre os seus veciños

Igualdade
M.C.
Concello de Muros.

muros. O Concello de Muros está a iniciar o proceso de elaboración do II Plan de igualdade municipal contra a violencia de xénero. A elaboración de dito plan “é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas”, explicaron dende a administración local. Trátase de realizar tanto unha diagnose de xénero, como un documento real que sirva de base “para a verdadeira transformación social da sociedade que contribúa de maneira efectiva á mellora da calidade de vida das mulleres e homes, optimizando así os recursos existentes”. Por iso, as opinións da cidadanía de Muros son de gran importancia e, por este motivo, solicitan a súa colaboración a través do cumprimento dunha enquisa (dispoñible na páxina web municipal) que servirá como punto de partida. O prazo remata o día 15. m. c.