Muros reactiva as axudas para rehabilitacións no casco antigo

Urbanismo
María Cano
Imaxe do casco histórico da vila muradá. Foto: C. M.

Muros. O Concello de Muros vén de reactivar as axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico. As achegas consisten en subvencións a fondo perdido do custo das actuacións de rehabilitación. A contía máxima das mesmas determinarase en función dos ingresos familiares ponderados (IFP) dos solicitantes cando estes teñan constituída a súa residencia habitual e permanente nas vivendas a rehabilitar ou estas se rehabiliten con tal fin.

Segundo as bases, a contía máxima da subvención non poderá exceder de 11.600 € por vivenda. Xa se abriu o prazo para presentar as solicitudes ata o esgotamento do crédito orzamentario. Máis información na concellería de Urbanismo de Muros. m. c.