Nacionalistas e Noia Histórica destacan a necesidade de impulsar ó pequeno comercio

Comercio local
María Cano
Pérez e González, esquerda, durante a reunión que mantiveron cos representantes de Noia Histórica. Foto: BNG

Noia. As deputadas Rosana Pérez e Carme González visitaron o pasado luns a localidade noiesa para manter un encontro coa asociación Noia Histórica. Na xuntanza, ambas partes coincidiron en sinalar a importancia do pequeno comercio na economía galega e a necesidade de impulso ao mesmo dende as diferentes administracións.

Dende a patronal resaltaron que os máis de medio centenar de centros comerciais abertos no ámbito galego supoñen “proxectos conxuntos de revitalización das súas zonas”, e subliñaron a necesidade de ter “canles directas de comunicación coa administración galega”.

Asemade, no encontro tamén abordaron a crise provocada pola COVID, e os nacionalistas reafirmaron o seu compromiso de defender o establecemento de axudas ao sector do pequeno comercio. Unhas achegas que, segundo indicaron, “son xustas pois ás empresas se lles expropiou moitas horas de traballo e deberan vir acompañadas dunha exención de tributación da súa percepción”.

Finalmente, BNG e Noia Histórica destacaron a importancia da dixitalización actualmente. m. c.