Este sábado están citados 1.800 rianxeiros de 58 a 70 anos para facer test de antíxenos

No cribado realizado ós traballadores da lonxa de Ribeira só se detectou un positivo en COVID

COVID
Suso Souto
Imaxe de arquivo dun dos cribados realizados en Ribeira. Foto: Suso Souto

No cribado realizado este mércores e este xoves no centro de saúde de Ribeira a persoas de entre 60 e 70 anos acadouse unha participación do 68,6 %, sen que se detectase ningún caso positivo de coronavirus. No cribado realizado tamén o mércores na lonxa de Ribeira a traballadores, só se detectou un positivo. Por outra banda, realizarase este sábado 17 outro cribado no centro de saúde de Rianxo, en horario de mañá e tarde, con test de antíxenos, a 1.800 persoas de entre 58 e 70 anos, que serán citadas por SMS. Prégase asistir e respectar a hora e data da cita para evitar aglomeracións.

Por outra banda, no hospital comarcal do Barbanza (Ribeira) serán vacinadas este sábado 17 un total de 400 persoas de 60 a 65 años, e o domingo outras 600 de 70 a 79 anos. Na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza lévanse administradas 130.958 vacinas fronte á COVID ata o día 15 de abril.