Noia acolle un simposio de misterio e crime ata o 27

Xornadas
M.C.
Casa consistorial de Noia.

Noia. Noia vivirá durante tres días unhas xornadas cheas de misterio onde os asistentes poderán escoitar a grandes expertos na materia da criminoloxía e dos fenómenos paranormais. O municipio acolle dende este venres e ata o vindeiro domingo o I Simposio Internacional de Crime e Misterio, no que colabora o Concello noiés.

As xornadas arrancarán este venres, ás 16.30 horas, cunha presentación e coa ponencia e co recoñecemento ao político Jaime Mayor Oreja. De seguido, María Teresa Carballeira, profesora do Grao de Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), disertará sobre A criminoloxía no Camiño de Santiago. O programa tamén inclúe a charla do comandante Bryan Rozman, analista do Pentágono, que reflexionará sobre o uso das conspiracións para avanzar a axenda dos Gobernos, mentres que a xornalista e gañadora de tres premios EMMY en EE.UU., María Rozman, abordará O xornalismo ante o inexplicable: informando cos pés na terra. A primeira xornada concluirá da man do escritor e pintor Antonio Seijas, que falará sobre O misterio da creación artística.

Dende o Concello de Noia informaron de que as entradas serán becadas e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en info@inica.es ou a través do whatsapp 644 121 478. Todas as persoas asistentes recibirán un diploma conmemorativo. Máis información na páxina web municipal (noia.es). m. c.