Noia acollerá en xuño un curso da UDC sobre as rutas xacobeas e turismo

Formación
Marta Torres
Caamaño e Pérez durante a presentación do curso. Foto: C. N.

NOIA. O Concello de Noia organiza, coa colaboración da Universidade da Coruña (UDC), unha nova edición do curso de verán Unha nova visión das rutas de peregrinaxe: O Camiño de Santiago e o Xacobeo, un encontro de profesionais do sector e de especialistas que presentarán novas propostas para a renovación e adaptación que deben afrontar os destinos galegos e produtos turísticos vinculados ás rutas xacobeas. A directora do curso, Iria Caamaño, e polo concelleiro de Cultura noiés, José Pérez, presentaron este mércores o programa de actividades, que se desenvolveráno edificio Casino de Noia os días 25 e 26 de xuño. Este ano, como novidade, os participantes coñecerán o Camiño de Santiago de Muros-Noia a bordo do balandro Joaquín Vieta e haberá unha andaina ata San Xusto. As charlas estará abertas tanto a alumnos como a profesionais do sector, que contará con ponentes nacionais e internacionais. Os interesados en participar poden inscribirse a través da páxina web da UDC. O prezo da inscrición é de 30 euros para universitarios e desempregados, e de 50 € para o público en xeral. O prazo remata o día 21 de xuño. Pérez destacou a importancia de que “este curso se consolide aquí”, situando a Noia no mapa da peregrinación. m.T.