Noia contará este mes co programa Coidados porta a porta na alameda

Atención sanitaria
M.C.
Unidade móbil do programa autonómico ‘Coidados porta a porta’.

noia. O Concello de Noia ofrecerá aos seus veciños a posibilidade de desfrutar gratuitamente dunha serie de servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria grazas a unha iniciativa impulsada pola Xunta a través da Consellería de Política Social. O programa denominado Coidados porta a porta achegarase a Noia os días 16, 19 e 20 de setembro para que as persoas maiores de 55 anos poidan desfrutar dunha serie de coidados especializados. A unidade móbil estará situada na Alameda e nela realizaranse revisións e valoracións auditivas, atención podolóxica para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías, así como probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Máis información e cita previa no teléfono 622 748 283. m. c.