Noia continúa o plan de mellora da accesibilidade

Obras
María Cano
Varios operarios traballan nas obras da rúa de Pedra Sartaña, na vila noiesa. Foto: Concello

NOIA. Avanzan no concello de Noia os traballos de mellora da accesibilidade co paso de peóns da rúa de Pedra Sartaña. Segundo indicaron fontes municipais, a súa transformación “permitirá adaptalo á normativa, eliminando as barreiras arquitectónicas existentes”. m. C.