Nova formación para os sonenses no ámbito do cooperativismo en xuño

Cooperativismo
M.C.
Viveiro de empresas de Porto do Son.

Porto do son. O Concello de Porto do Son, como entidade adherida á Rede Eusumo, e a unión de cooperativas Espazocoop, poñen en marcha no mes de xuño unha nova acción formativa no ámbito do cooperativismo. Este curso, de carácter gratuíto, terá lugar do 7 ao 10 de xuño en horario de 09.30 a 14.30 horas no viveiro de empresas sonense. Baixo o título Lánzate a emprender en cooperativa, a formación está dirixida a persoas con inquedanzas e interese no traballo cooperativo, emprendedores e público interesado en xeral. Ademais, apuntan dende o Concello, esta actividade está incluída no catálogo de formación puntuable para obter os Permex de marisqueo a pé (0,40 puntos). As persoas interesadas deben enviar a correspondente folla de inscrición ao enderezo jose.pazo@portodoson.gal. As prazas asignaranse por orde de inscrición. m. c.