Nova vida para os libros da biblioteca de Noia

Día do Libro
M.C.
Os interesados poderán facerse cun libro desde o día 23 en diante. Foto: Pexels

NOIA. A concellería de Cultura de Noia organizou varias actividades para conmemorar o Día do Libro. Para este sábado, 23 de abril, fixaron A segunda vida dos libros. “Dito título quere animar a maiores e pequenos/as a que visiten a biblioteca municipal e leven un libro de agasallo dándolle unha segunda vida”, explicaron dende o citado departamento. Todos os interesados poderán facerse cunha obra desde o día 23 en diante. Ademais, nesta mesma xornada a biblioteca comunica a publicación das bases ao recoñecemento das lectoras e lectores no ano 2022. Esta convocatoria premia aos usuarios que realicen máis préstamos ao longo deste exercicio. Non se necesita anotarse para participar. O reconto de libros realízase por medio dun informe do programa que usan na instalación. O 11 de xaneiro de 2023, Día do Usuario das Bibliotecas, contactarán cos premiados, que recibirán un bono de 70, 50 ou 30 euros para gastar en libros máis un diploma. m. c.