Novo equipo radiocirúrxico no hospital comarcal do Barbanza valorado en noventa mil euros

Sanidade
Marta Torres
Trenor, centro, xunto a Núñez e Ruiz, dereita, durante a visita. Foto: XdG

Ribeira. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez,

supervisaron este mércores no hospital comarcal o funcionamento do novo equipo radiocirúrxico, que tivo un custo superior aos 90.000 € e permitirá renovar o equipamento existente no bloque cirúrxico para o seguimento e control en intervencións de cirurxía xeral, ortopedia e traumatoloxía, entre outros.

Durante a visita, o representante do Goberno autonómico informou que este hospital contará en breve cun novo ecógrafo para o servizo de radiodiagnóstico que ten un custo aproximado de máis de 116.000 euros. O obxectivo deste novo equipo non é outro que dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación.

Así, a Xunta continúa a desenvolver, coa adquisición destes equipamentos, o Plan de renovación e modernización do equipamento sanitario previsto para 2021, co que acometer as renovacións integrais dos bloques cirúrxicos e dos equipamentos de alta tecnoloxía para o diagnóstico. Para este plan, os orzamentos xerais da Comunidade destinan 60 millóns de euros. m. t.