O BNG solicita que se repoñan as liñas de bus na vila outense

Mobilidade
M.C.
A deputada nacionalista Rosana Pérez.

Outes. O BNG reclamou á Xunta de Galicia no Parlamento galego que repoña de inmediato as liñas de transporte escolar que existían antes da entrada en vigor (o pasado 10 de xaneiro) do novo contrato coa empresa Monbus nos lugares de Tarás, Coiradas, Entíns e Cuns, no concello de Outes, así como a facilitar que a liña de autobús público desta comarca adapte os seus horarios á entrada e saída dos institutos de Noia.

Ao respecto, a deputada nacionalista Rosana Pérez advertiu que hai nenos obrigados a desprazarse catro quilómetros ata unha parada e que Outes e Esteiro non teñen conexión en hora cos centros educativos noieses.

Pese aos argumentos de Pérez, a iniciativa non prosperou polo veto do PP. m. c.