O centro social de Outes comeza un cuadrimestre cargado de actividades

Actividades lúdicas
Ana Pérez
A programación inclúe un taller de cestería. Foto: L.T.

OUTES. Cun taller de ximnasia terapéutica e outro de corte e confección comezarán o 1 de febreiro as actividades cuadrimestrais que ofertan dende o centro social de Outes. A maiores, no programa tamén figuran outras iniciativas, como bailoterapia, ioga terapéutico ou talleres de memoria, gancho (crochet), cestería, vainicas e bordado ou de coiro. Indicar que a programación (que pode consultarse no Facebook do Concello de Outes) está suxeita a variacións segundo a formación e capacidade dos grupos. As novas inscricións cubriranse tendo en conta a lista de reserva ou por orde de inscrición a partir do día 19. Dende o Concello informaron que tamén haberá actividades no colexio do Cruceiro de Roo, no Club Náutico do Freixo e nos centros socioculturais de Cando, San Cosme, da Vila do Monte e de San Lourenzo. a. p.