O municipio noiés será o epicentro da intriga e do enigma nunhas xornadas

Xornadas
M.C.
Casa consistorial de Noia.

Noia. O municipio de Noia convertirase do 25 ao 27 de

novembro no epicentro da intriga e do enigma ao acoller o I Simposio Internacional de Crime e Misterio, no que colabora o Concello noiés. As entradas serán becadas e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse en info@inica.es ou a través do Whatsapp 644 121 478. Todas as persoas asistentes recibirán un diploma conmemorativo. Así, Noia vivirá durante tres días unhas xornadas cheas de misterio onde os asistentes poderán escoitar a grandes expertos na materia da criminoloxía e dos fenómenos paranormais, como poden ser a xornalista María Rozman; Juan Jesús Gestal, profesor emérito da USC; ou Gonzalo de Francisco Meirelles, oficial da Policía Federal. Ademais, o 26 de novembro o simposio contará coa ponencia e co recoñecemento a Jaime Mayor Oreja. m. c.