O parque infantil de San Lázaro xa loce un novo aspecto máis acolledor

Parques infantís
M.C.
A actuación contemplou a instalación da cuberta e a renovación da valla perimetral. Foto: C.

NOIA. O parque infantil de San Lázaro xa loce un novo aspecto máis renovado e acolledor tras as obras de mellora realizadas nas instalacións. Dita inversión, de máis de 48.000 euros, está financiada pola Dirección Xeral de administración Local, Vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello de Noia e contemplou a instalación da cuberta, a renovación da soleira, aplicación de caucho anti impacto na zona de xogo, así como a renovación e pintado da valla perimetral e das atraccións. Ademais, en vindeiras fases está previsto que siga mellorando o parque. “A veciñanza e as familias xa poden gozar dun espazo de xogo en San Lázaro máis seguro e acolledor”, afirmou a alcalde Santiago Freire, quen indicou que “este é o segundo parque cuberto que se instala en Noia”. O que se busca é ir completando esta actuación noutras áreas de ocio. m. C.