O Pote II e alumnado de FP compartiron unha xornada entre fogóns

Cocina
Marta Torres
Intercambiaron puntos de vista durante a elaboración do mexillón en conserva. Foto: C. R.

ribeira. O alumnado do programa de emprego O Pote II e o segundo curso do ciclo medio dual de Elaboración de Produtos Alimentarios do CIFP Coroso viviron este venres unha proveitosa xornada de confraternización nestas últimas instalacións coa fin de compartir experiencias e puntos de vista na preparación dun alimento como é a elaboración de mexillón en conserva. Contaron coa colaboración do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, que aportou a materia prima. Ademais da maquinaria empregada, os alumnos cubriron partes da elaboración para rexistrar os parámetros máis importantes no proceso, e tamén ver os controis necesarios para garantir un produto de calidade. O alumnado tamén tivo a oportunidade de visitar a nova aula tecnolóxica do centro de FP que conta cun laboratorio de biotecnoloxía e microbioloxía. m. t.