O Son celebra a comida dos seus maiores o 1 de maio na zona portuaria

Xuntanza
M.C.
Os maiores de O Son desfrutando da xuntanza de confraternidade nunha edición anterior. Foto: C.

Porto do son. Despois de dous anos en branco debido á pandemia da covid, o 1 de maio o Concello de Porto do Son celebrará a festa anual dos maiores do municipio, que este ano chega á súa vixésima edición. Ás doce do mediodía haberá misa na igrexa de San Vicente de Noal cantada polo coro parroquial de Porto do Son. Xa ás 14.00 horas terá lugar a comida de confraternidade que, como novidade, este ano celebrarase ao aire libre no xardín da zona portuaria. Segundo indicaron dende a concellería de Política Social, que dirixe Magdalena Pérez, o xantar será gratuíto e haberá servizo de autobuses. Iso si, dende o Concello avisaron que para asistir será necesario confirmar a asistencia con antelación chamando ao teléfono 981 867 414 (de 9.00 a 13.00 horas) ou apuntarse nas oficinas do citado departamento. O prazo remata o día 22. m. c.