O Son está un paso máis preto do seu ansiado parque empresarial

Polígono industrial
M.C.
García e Oujo, centro, durante o encontro que mantiveron este venres. Foto: Xunta

o son. O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, mantivo unha reunión co alcalde de O Son, Luis Oujo, para falar sobre os traballos para o desenvolvemento do futuro parque empresarial sonense. No encontro, o alcalde fixo entrega ao IGVS dunha análise de custos para impulsar unha primeira fase do polígono que ocuparía arredor de 80.000 m2. En función do compromiso do IGVS de prestar asistencia técnica ao Concello nesta materia, os técnicos procederán a revisar a análise da administración local para comprobar que se axusta aos estándares habituais na promoción de solo empresarial. Por outra banda, Oujo comunicou a intención do Concello de pedir un préstamo do Fondo de Cooperación para a rehabilitación dun inmoble emprazado na confluencia da avenida de Galicia e a rúa Roda. m. C.