O Son oferta nova acción formativa

Formación
M.C.
Trátase dun curso de alimentación infantil que terá lugar o 27 de maio.

porto do son. O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns –dependente da Consellería de Sanidade- organiza un curso de alimentación infantil. Esta acción formativa, dirixida a persoal sanitario e educativo, monitores/as, pais, nais e á cidadanía en xeral, é gratuíto e terá catro horas de duración. Segundo indicaron fontes municipais, o curso terá lugar o vindeiro 27 de maio, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Os contidos serán impartidos por Ana Martínez Lorente, técnica de estilos de vida saudables e educación da Consellería de Sanidade. Máis información e inscricións a través do correo electrónico jose.pazo@portodoson.gal. O prazo remata o día 18 de maio. m. c.