Oito locais participan no concurso de tapas en Outes

Concurso
M.C.
As persoas que degusten os petiscos participarán no sorteo dun xantar ou dunha cea.

Outes. Oito establecementos hostaleiros do municipio outense participan desde o vindeiro 3 de decembro ata o domingo día 11 na primeira edición de En Outes de tapas, que organiza o Concello. As persoas que degusten os petiscos participarán no sorteo dun xantar ou dunha cea.

Respecto aos locais participantes e aos horarios do concurso (van de 12.30 a 14.00 h e de 19.30 a 22.00 horas), poderán degustarse tapas en Albatros, A nosa Taberna, Casa Amanda, John Turkey, O Taboleiro e no Pepe do Coxo; no restaurante Fera será neste mesmo horario nas fins de semana e festivos; e en Casa de Roque chegará nas fins de semana, as véspera de festivo só pola tarde e nos festivos en horario de mañá e tarde. m. c.