Óscar Barrera e José Lojo, vencedores do concurso de fotografía Vidas Anónimas

Certame
Marta Torres
Pola esquerda, Gómez, Lojo e Sampedro, na entrega de premios. Foto: C.

Ribeira. O valenciano Óscar Barrera Tévar e o pobrense José Lojo Fernández fixéronse co primeiro e o segundo premio do Primeiro Concurso de Fotografía Vidas Anónimas organizado pola asociación ABAS co apoio do Concello de Ribeira.

Da creación vencedora destaca o xurado que segue a famosa premisa do fotoxornalista Robert Capa que di que se as túas fotografías non son o suficientemente boas é porque non estás o suficientemente cerca. En canto a José Lojo, din que resultou triunfador porque a súa instantánea reflexa como a sociedade ten normalizado que o noso lixo, o que xa no nos serve, sexa algo que mellore a vida doutras persoas.

Durante a entrega de premios, Francisco Javier Gómez, coordinador da devandita asociación, e a edila María Sampedro mostraron as creacións gañadoras acompañados polo segundo dos galardoados. m. t.