Oujo agasalla con plantas de pascua aos usuarios dos talleres de memoria

Servizos Sociais
M.C.
Magdalena Pérez e Luis Oujo, ao fondo, coas usuarias dos talleres en O Son. Foto: Concello

PORTO DO SON. Con motivo das festas de Nadal, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e a concelleira de Benestar Social, Magdalena Pérez, visitaron aos usuarios e usuarias dos talleres de memoria, con quenes conversaron durante o almorzo e aos que obsequiou con plantas de pascua. Nos talleres de memoria, que se imparten en San Pedro de Muro, Caamaño, Xuño e Porto do Son, participan un total de 63 persoas. Con estas clases preténdese fomentar o envellecemento activo, paliar a deterioración cognitiva dos maiores e buscar a participación social. Todo iso, a través de lecturas, exercicios ortográficos e matemáticos e xogos de memoria que desenvolven tanto nas sesións como nas súas casas de maneira individual. As inscricións para asistir aos talleres poden formalizarse durante todo o ano. Máis información no 981 867 414. m. C.