Outes presenta alegacións ao parque eólico de Vaqueira

parques eólicos
María Cano
Zona na que se proxecta o parque. Foto: C. O.

Outes. O Concello outense presentou alegacións, ás que se sumaron máis de medio millar de veciños, contra o proxecto do parque eólico cunha potencia de 12,6 MW que a emprensa Greenalia Wind Power pretende levantar no lugar da Vaqueira, na parroquia de Outes.

As alegacións presentadas inciden en que o Plan Eólico da Xunta está obsoleto e non atende á realidade das novas instalacións. Indican que os muíños que prevén instalar en Vaqueira triplican a envergadura dos actuais, polo que deberían situarse a unha maior distancia das vivendas.

Apuntan que presenta “unha deficiente análise do impacto sobre espazos de Rede Natura 2000” e non ten en consideración que é unha zona de especial protección. m.c.