Outes promove o valor da súa terra, da cebola e o ceboliño de San Cosme

Agricultura
ECG
Distribuíron as plantas na feira de San Marcos, en Noia. Foto: C.

OUTES. O Concello de Outes está levando a cabo varias actividades para a promoción da cebola e ceboliño de San Cosme, con gran tradición no seu cultivo e recoñecemento da súa calidade e sabor. A feira de San Marcos de Noia, “foi o punto de venda e distribución de milleiros de plantas”, indicaron dende o goberno local.

A súa promoción enmárcase no proxecto Saberes e Sabores de Outes, no que se estuda a situación actual do sector primario máis vinculado á agricultura e granxas extensivas, así como á tradición dos artesáns e artesás. O obxectivo é “propoñer diversas estratexias de promoción e dinamización, tanto a nivel económico como social e cultural, dirixidas, por unha parte, á revalorización e recuperación dos recursos tradicionais existentes no concello, e por outra, á promoción de novas iniciativas vinculadas a este sector”. c.g.