Outes retoma as conferencias sobre temas sanitarios

Charla
María Cano
Concello de Outes.

Outes. Como cada último xoves de mes, Outes celebrará mañá de maneira virtual unha nova conferencia no marco das XV Xornadas de Información Sociosanitaria. Nesta ocasión o relator será José Berdullas Barreiro, psicólogo na Unidade de Saúde Mental de Conxo, e a charla versará sobre a psicoloxía en atención primaria. Segundo indicaron dende o Concello outense, para poder participar é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo censocial@hotmail.com. As persoas que se anoten recibirán unha invitación no mesmo día da xornada (quince minutos antes do comezo). Para solventar calquera dúbida, os interesados poden chamar ao número de teléfono 981 850 575. m. c.