Outes reunirá aos maiores nunha comida o sábado 17

Celebración
M.C.
A cita celebrarase cun xantar gratuíto que terá lugar no pavillón da Serra.

Outes. O Concello outense organiza o XXIV Encontro dos Maiores de Outes, que se celebrará o vindeiro sábado 17 de setembro. A cita celebrarase cun xantar gratuíto que terá lugar no pavillón da Serra ás 14.00 horas, seguido dunha actuación musical.

Destacar que haberá tamén servizo de autobuses, que sairán ás 12.30 horas e farán as paradas existentes nas estradas xerais cos seguintes itinerarios: Cuns-Ceilán-Ribademar- Serra; Cabanamoura-Seara-Serra; San Lourenzo-Berres-Serra; Vila do Monte-Río de Outes-Serra; Esperante-Carleo-Cambeiro-Serra; Arestiño-Ribeira-Serra e Vara-Cruceiro de Roo-Serra. Os maiores que queiran participar neste encontro deben anotarse antes do 12 de setembro no centro social. m. c.