Outes sensibiliza en igualdade no IES Poeta Añón

Educación
María Cano
Imaxe dunha das actividades levadas a cabo no IES Poeta Añón. Foto: C. O.

OUTES. O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), levou a cabo no IES Poeta Añón unha serie de accións de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero. Co alumnado de 2º da ESO traballouse o obradoiro titulado Saber querer, saber querernos e, cos estudantes de 3º da ESO, abordouse a temática das masculinidades emerxentes e autodefensa dixital feminista. Segundo fontes municipais, as actividades forman parte do programa Camiña cara á igualdade sen violencia de xénero, financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero. m. c.