Outes solicita melloras para
o servizo de telefonía móbil

Novas tecnoloxías
María Cano
Concello de Outes.

Outes. O Concello de Outes mostrou o seu apoio á veciñanza de Moledo e Carleo de Arriba e de Abaixo que estivo recollendo sinaturas nas últimas semanas para solicitarlle ás compañías telefónicas que melloren o servizo de telefonía móbil nestas zonas do municipio, onde se están a rexistrar problemas de cobertura e de conexión á rede.

Ao respecto, o rexedor Manuel González avanzou que desde o Concello mandaron senllos escritos á Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e á Secretaría de Estado para o Avance Dixital nos que se lle solicita a súa actuación. “É urxente resolver estes problemas; na actualidade o teletraballo ou a formación a distancia gañan presenza e requiren de conexión a Internet”, afirmou. m. c.