Outes vai investir e poñer a punto os accesos e núcleos rurais do concello

Obras
María Cano
O alcalde de Outes, Manuel González.

Outes. O Concello de Outes vén de anunciar investimentos por perto de 250.000 euros na mellora de camiños e interiores de varios núcleos rurais das parroquias do interior do municipio. En concreto, foron xa adxudicadas as obras de mellora da estrada de Valadares a Asenso, así como o camiño de San Lourenzo a Mastontán, actuacións que contan cun orzamento próximo aos 48.000 euros. Segundo anunciou o alcalde outense, Manuel González, estas intervencións deberían estar rematadas antes do mes de xullo.

Por outra banda, están en proceso de licitación diversas obras por un montante total de 200.000 euros que inclúen actuacións nas parroquias de Valadares, San Lourenzo, Cando, San Ourente e Outes. González indicou que, se non xorde ningún inconveniente, estas obras deberían comezar a executarse durante os meses de verán. m. c.