Paisaxe do terror o venres en Boiro

Samaín
María Cano
A actividade consistirá nunha pasaxe de terror dirixida á poboación moza e ás familias.

BOIRO. O departamento de Cultura do Concello de Boiro organiza unha programación especial para celebrar o Samaín cunha actividade denominada Paisaxe do terror, que prepara o grupo de voluntariado xuvenil Turbina. A iniciativa terá lugar este venres no local Leñaverde do centro social de Boiro. Esta consistirá nunha pasaxe de terror dirixida á poboación moza, de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos, aínda que tamén se vai organizar unha primeira quenda dirixida a familias e nenos de entre 6 e 12 anos. A quenda familiar comezará ás 18.00 horas, e a da mocidade será a partir das 21.00 horas. Os accesos faranse en grupos reducidos de persoas que se irán establecendo por orde de chegada. m. c.