Pichel anima á xente do rural a implicarse na dinamización das vilas

Voluntariado
Marta Torres
Pichel, centro, xunto ós participantes dos programas de voluntariado. Foto: Xunta de Galicia

LOUSAME. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, animou este sábado en Lousame a todos os mozos e maiores do rural a implicarse activamente na dinamización dos seus concellos. Nun encontro cos participantes dos proxectos do voluntariado xuvenil e sénior que se están levando a cabo no concello agradeceu ós voluntarios de Galicia o traballo que están a realizar para dar resposta ás necesidades sociais deste entorno rural, tanto para os máis novos como para os maiores. A Xunta destina máis de 6.000 euros para levar a cabo ambos proxectos. Pichel puxo en valor a posta en marcha de actividades que traballan na mellora da calidade de vida das persoas que viven no rural, ao tempo que potencian o voluntariado e as actividades sociais e culturais tanto para a xente nova como para as persoas maiores. m. t.